Diciamos que o principal problema do Sevilla na súa eliminatoria ante o Braga sería infravolar o verdadeiro potencial do seu rival. Non sei se efectivamente o infravalorou ou non, pero o equipo de Domingos Paciência demostrou sobradamente que é un equipo de primeiro nivel e que, con motivo, lle roubou a praza champions a Porto e Sporting Lisboa, e lle disputou a Liga ata a última xornada ao Benfica. O principal mérito do equipo minhoto é que sempre, sempre, independentemente do rival, procura a vitoria, e finalmente o máis normal é que acabe por conquerila. Iso non quere dicir que esteamos a falar dun equipo temerario. O Sp.Braga é especialmente ordenado, cunha defensa veterana e eficaz e dous mediocentros de sacrificio constante e calidade para sacar o balón ( o capitán Vandinho e a nova incorporación Leandro Salino, quen xa demostrara o seu nivel no Nacional de Madeira). Arriba, ademais, conta con homes rápidos e intelixentes (Alan, Paulo Cesar, Matheus) que procuran seguido o desborde ou as costas da defensa. Se a iso lle engadimos un aproveitamento metódico das xogadas de estratexia, raro resulta que o Braga non faga cando menos un gol por partido. quarta-feira, 18 de agosto de 2010
O SOÑO DO SP.BRAGA UN POUCO MÁIS PERTO
Diciamos que o principal problema do Sevilla na súa eliminatoria ante o Braga sería infravolar o verdadeiro potencial do seu rival. Non sei se efectivamente o infravalorou ou non, pero o equipo de Domingos Paciência demostrou sobradamente que é un equipo de primeiro nivel e que, con motivo, lle roubou a praza champions a Porto e Sporting Lisboa, e lle disputou a Liga ata a última xornada ao Benfica. O principal mérito do equipo minhoto é que sempre, sempre, independentemente do rival, procura a vitoria, e finalmente o máis normal é que acabe por conquerila. Iso non quere dicir que esteamos a falar dun equipo temerario. O Sp.Braga é especialmente ordenado, cunha defensa veterana e eficaz e dous mediocentros de sacrificio constante e calidade para sacar o balón ( o capitán Vandinho e a nova incorporación Leandro Salino, quen xa demostrara o seu nivel no Nacional de Madeira). Arriba, ademais, conta con homes rápidos e intelixentes (Alan, Paulo Cesar, Matheus) que procuran seguido o desborde ou as costas da defensa. Se a iso lle engadimos un aproveitamento metódico das xogadas de estratexia, raro resulta que o Braga non faga cando menos un gol por partido. 0-0, NIN FRÍO NIN CALOR
terça-feira, 17 de agosto de 2010
PRIMEIRA XORNADA EN PORTUGAL
quarta-feira, 9 de junho de 2010
A FALTA DE DOUS DÍAS
segunda-feira, 30 de novembro de 2009
TODO MUDOU CON GUARDADO
Espectacular unha vez máis o Dépor, que a estas alturas da temporada demostrou xa unha fiabilidade tal que fai que afrontemos cada partido, independentemente das circunstancias, carregados de optimismo. O de onte parecía fácil, a priori, ante un rival afundido nos postos baixos da táboa e nun estadio no que sempre pescamos algún puntiño. Pero sería soberbio pensar que para un plantel como o Dépor existe algún partido fácil a priori. Non foi este, de feito, o mellor partido dos que ofreceu o Dépor a domicilio esta temporada. Mantíñase a solidez defensiva é certo, pero na saída cara a porta contraria eramos absolutamente inofensivos, incapaces de elaborar unha xogada que merecese tal nome. Mais todo mudou despois da lesión de Lassad. O marsellés, que pasara inadvetido polo xogo, volveu acusar un problema muscular e no seu lugar entrou Andrés Guardado, que empezara o partido no banco despois dos seus problemas gripais ao longo da semana. E Guardado é unha peza fundamental para comprender a excelente xeira de resultados do equipo dende que empezara a temporada. O seu esforzo físico é encomiable, ten unha inmensa calidade e, sobre todo, é o socio ideal de Filipe, a estas alturas o mellor lateral esquerdo da Liga e un dos mellores de Europa. Con Guardado a banda esquerda do Dépor converteuse nunha autoestrada pola que se comezou a xerar perigo e anular a pouca pegada dos cántabros. Despois de varios intentos, foi pola esquerda que se xerou o gol. Asistencia de Filipe a Guardado, centro do de Jalisco, deixada de Riki e gol de Lopo, que por alí andaba pois todo viña dun lanzamento de córner. Parecía que xa se conseguira o máis complicado, pero desta volta tamén se aliou con nós a sorte, pois o Racing errou a única oportunidade clara da que dispuxo. Colsa, con diferencia o mellor dos seus, chatouse só diante de Aranzubia despois dunha grande asistencia do ex do Dépor Xisco e bateulle contra o pao. Tres puntos máis e cada vez o equipo máis seguro e confiado no seu sistema de xogo. Agora visita Riazor o Barça. Non podemos pecar do que non somos, polo tanto ben sabido é que será difícil sacar sequera un punto. O importante é que non se perda a ilusión por sumar os tres.
XORNADA DE CLÁSICOS
Noite de clásicos en Europa. O primeiro o sábado no novo Alvalade, o clásico lisboeta entre o Sporting e o Benfica. Facía tempo que non había tanta diferenza entre os dous equipos: no xogo e na clasificación. Pero o Sporting xa tomou medidas e mudou de técnico. Carlos Carvalhal ocúpase agora do banco sportinguista. Carvalhal fora o único capaz esta temporada de sacar algo de petroleo do Estádio da Luz. Na xornada inaugural acalmara a euforia benfiquista cun empate co seu Marítimo de Funchal, grazas, sobre todo, á grande actuación do gardarredes Pessanha. Desta volta, colleitou outro empate, pero o máis importante é que o Sporting parece coller un novo feitío. No canto do losango (rombo) do Paulo Bento, aposta por unha tripleta de mediocampistas traballadores e de calidade -Miguel Veloso, Moutinho e Adrien Silva e tres homes avanzados: Vukcevic, Matías Fernández e Liedson. O novo dispositivo táctico valeulle para se impór na loita no centro do campo, inda que logo lle faltase maldade arriba. Todo o perigo chegou da loita en solitario de Liedson que desesperou a un inocente Sidnei, que fracasou no seu intento de substituír ao gran Luisao. O Benfica, pola contra, estivo lonxe da súa imaxe habitual na Liga. Con todo, chegou puntualmente á area contraria con relativo perigo grazas, sobre todo, ás incorporacións de Ramires por banda dereita e á mobilidade de Saviola en ataque, que contrastaron coa pouca participación de Di María pola esquerda, a improdutividade dun Cardozo que non cheirou bola e á nula achega de Aimar entre liñas. Empate xusto, en definitiva, nun partido aburrido, no que o Sporting demostrou certa mellora e ao Benfica faltoulle a grandeza do que realmnete aspira polo título.
No clásico do fútbol español,no Camp Nou, entre Barça e Real Madrid, máis igualdade da prevista. O Real Madrid teceu un dispositivo táctico interesante, sobre todo no primeiro tempo, que non lle permitiu ao Barcelona xogar con comodidade. Ao mesmo tempo, soubo crear puntualmente ocasións claras á contra grazas á mobilidade de Kaká e Ronaldo. Por fortuna para os cataláns Víctor Valdés demostrou que está á altura da esixencia dun equipo como o Barça e evitou cunha grande parada o gol do de Madeira. No segundo tempo, non mudou demasiado o guión ata que Guardiola retirou a un triste Henry e deulle entrada no campo a Ibrahimovic. No único centro medido de Alves en todo o partido, o sueco desnivelou o marcador cun soberbio zurdazo. Co resultado en contra e malia a superioridade numérica tras a expulsión de Busquets, o Madrid non soubou mudar de estilo de xogo e apenas puido facerlle cóxegas ao Barça, en boa medida polo escaso protagonismo, unha vez máis, do home que ten que dirixir o centro do campo madridista: Xabi Alonso, un dos grandes fiascos da temporada. O Barcelona recupera o liderato se ben desta volta os protagonistas non foron Xavi, Iniesta e Messi, senón dous colosos na defensa Piqué e Puyol.En Inglaterra tamén se xogaron dous clásicos apaixonantes: en Liverpool, derbi entre o Everton e o Liverpool, dous equipos en horas baixas. Vitoria para os de Rafa Benítez nun partido igualado e con máis emoción que fútbol no que desnivelou a pegada dos reds. Mentres, en Londres, o Chelsea demostrou que é, con diferencia o equipo máis sólido da premier e non lle deu opcións a un Arsenal que, coma sempre, empeza moi ben as temporadas pero que non ten talla competitiva abonda para loitar polo título.
sexta-feira, 27 de novembro de 2009
SUPERFAN DE ANTONIO
Nas labirínticas rúas do casco vello de Bari, naceron tamén deportistas insignes. Sobre todos salienta un nome, un dos futbolistas máis talentosos e controvertidos dos últimos anos: o grande Antonio Cassano. Con 15 anos un ollador do AS Bari descubriuno facendo cen mil diabluras nas rúas dun dos barrios máis perigosos da cidade. Tardou dous anos en debutar na Liga. O seu primeiro gol, no seu segundo partido no Calcio, foi esta marabilla na que lle saca as cores aos daquela defensores do Inter de Milan Laurent Blanc e Christian Panucci.
Axiña todos o queren. Finalmente é a Roma a que paga 30 millóns de euros por el. Alí encóntrase con outro grande inimitable: Francesco Totti, e con Fabio Capello. Inda que moitos insistan no contrario, Capello, que mamou de Helenio Herrera nos seus tempos de xogador da Roma, sabe un mundo de fútbol e soubo explotar ao máximo as condicións deste rapazolo cun talento descomunal pero que, tamén, estaba como unha caldereta. Velaquí unha escolma dos seus mellores goles.
Cassano tórnase moi popular polo seu fútbol máis tamén polas súas paridas dentro e fóra do campo, que reciben o nome de cassanettes. Neses tempos de parcería con Totti, os dous enténdense de marabilla no campo e tamén fóra, non en balde Totti é tamén coñecido polos chistes de Totti, que serían o equivalente italiano dos chistes de Fernando Morán ou, máis recentemente, de Lepe.
En 2004, Capello marcha para a Juve e os seus sucesores: Rudi Völler e Spalletti, non acaban de entender o humor de ´Talentino'. Comeza a desaparecer das convocatorias do seu equipo ata que o Real Madrid de Florentino Pérez peta na súa porta. Chega no mercado invernal ao equipo dirixido daquela polo carismático López Caro. Cassano chega, como dicilo, un pouquiño fondón.

Coa nova temporada parece que volven abrirse as portas do ceo para Antonio. Chega a Madrid Fabio Capello, o seu mentor. Pero que punki non se acaba cagando nos seus mentores!!! O desencontro era inevitable. Dise que Cassano insulta ao técnico por non poñelo contra o Nástic de Tarragona ("es máis falso que o diñeiro do monopoly"), e logo vense estas imaxes nas que o showman de Bari fai unha lucida imitación do xefe.
Nos últimos tempos as cousas vanlle mellor a Antonio. De volta a Italia, enrolouse nas ringleiras da Sampdoria de Xénova, e dende entón é un dos mellores xogadores da súa Liga, o que lle valeu a convocatoria para a Euro 2008 na que foi dos mellores do seu equipo. Na Samp están encantados e mesmo soñan coa Champions. Iso non quere dicir que Cassano perdera o seu xenio. Neste Sampdoria Torino, é expulsado, tíralle a camisola ao árbitro á cara e emprázao para se veren logo fóra
Con 27 anos Antonio vén de anunciar que se casa!!! Con esta fermosa xogadora de waterpolo: Carolina Marcialis
A última pareceume xenial. Cassano vén de publicar o seu segundo libro. Despois da autobiografía Dico tutto, presenta agora Le mattine non servono a niente (As mañás non lle valen a ninguén), que recupera un xénero propio da antiquísima cultura clásica mediterranea: os aforismos. A obra consiste en 365 aforismos, un por día. Algúns dos mellores:
Aforismo 293. "Son o primeiro que escribiu máis libros dos que leu"
Aforismo 343. "Non sexas impulsivo. Fai coma min. Antes de explotar, conta sempre ata un"
Aforismo 156. "A boa vontade é fundamental. Eu decidín primeiro facer as paces con Del Neri sen saber de que diaños estaba falando"
Aforismo 317. "No Calcio ninguén di a verdade. Só eu e uns poucos máis. Nunca convén, pero que lles dean!
Aforismo 194. "A miña nai está tan afeita a que a insulten os tiffosi rivais que cando non o fan cáseque lle senta mal. Séntese ignorada"
Aforismo 299. "Ser un pailán significa ser perfecto, saber vivir na riqueza e na pobreza, falar con xente honrada ou con delincuentes: na práctica, vivir tantas vidas coma min"
Aforismo 319. "Se berra, xesticula, vive na rúa e non se resiste a darlle patadas a un balón, tal vez, non sei, pero pode que vostede nacera na vella Bari"

